![Ruta dos Dolmens-Vimianzo]()
Seis mil anos de historia permanecen ocultos baixo mámoas e antas. O concello de Vimianzo é un dos máis ricos de Galicia en megalitismo.
O sábado 15 farase un percorrido polos dolmens máis destacados: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Arca e Casota de Freáns. A visita é ás 11h30. Sáese do castelo para realizar o percorrido en bus e a pé. Son treitos curtos, pero recoméndase levar calzado apropiado.
As prazas son limitadas polo que se require reserva previa (límite venres 14). Para inscribirse:
- No correo electrónico visitavimianzo@gmail.com
- No castelo de Vimianzo (tlf 981 716 354)