Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Un sábado de patrimonio en Cabana

08/feb./2020
09:00 h
Dombate
cabana-borneiro-8-febreiro-2020
Un sábado de patrimonio en Cabana

O Concello de Cabana de Bergantiños organiza en colaboración coa Deputación da Coruña unha xornada de difusión do patrimonio arqueolóxico da parroquia de Borneiro, que contará con visitas guiadas e obradoiros o vindeiro sábado.

As actividades desenvolveranse o sábado 8 de febreiro entre as 9:00 e as 14:00. O programa é o seguinte:

  • Ás 9:00 os participantes atoparanse no aparcamento do Castro de Borneiro para subir todos xuntos ao xacemento e gozar coa visita guiada e xogo de pistas co guía Ángel Eiroa.
  • Ás 10:30 iniciarase a camiñada a pé ata Dombate con parada na Aula do Neolítico, na antiga escola unitaria de Borneiro. Alí realizarase o obradoiro A vida baixo a terra de Galipat, que pretende aproximar o traballo dos arqueólogos a través dunha simulación.
  • A partir das 12:00, o recinto arborado do Dolmen de Dombate acollerá o obradoiro Azagaias, frechas, arcos...á caza! de Galipat, no que usando réplicas arqueolóxicas os participantes poderán meterse na pel dos cazadores no Neolítico.
  • Ao rematar o taller realizarase unha visita guiada ao Dolmen de Dombate co guía Ángel Eiroa, que rematará coa exploración da réplica do monumento e o visionado do documental Ruta das antas da Costa da Morte do Seminario de Estudos Comarcais.

Todas as actividades desta xornada son gratuítas e abertas á participación de persoas de calquera idade, previa inscrición no teléfono 672 43 57 36. O punto de encontro dos participantes será o aparcamento do Castro de Borneiro.

Comentarios