Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Semana Cultural de Brantuas 2019

02/set./2019 a 07/set./2019
21:00 h a 21:00 h
Casa dos Veciños
semana cultural brantuas
Semana Cultural de Brantuas 2019

A Semana Cultural de Brantuas e Niñóns, organizada pola Asociación Cultural Nosa Señora do Faro coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Eduardo Pondal, trae con actividades todos os días ata mesmo sábado, cando os Farrapos de Cesullas pechen a programación. Antes haberá un pouco de todo: o luns exposición de fotos e pase de vídeos de edicións anteriores; martes actuación das pandereteiras Súa Cerca; mércores risas co humorista Caxoto e o Grupo My Way; xoves coral de San Martiño; venres o grupo de acordeonistas de Jesús Couto, e o sábado a citada actuación dos Farrapos.

Todo, ás 21:00h, despois da misa, na Casa dos Veciños.

Comentarios