Pepe Penabade, Carlos Santiago e Comba Campoy, de Volta e dálle teatro, traen o seu monólogo a Zas. A cita é hoxe, 30 de xullo, ás 21:30 no Auditorio de Zas. A entrada é de balde!
Esta é unha actividade que se inclúe dentro do programa da Semana Cultural organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura.