Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Semana Santa en clave de patrimonio en Vimianzo

18/abr./2019 a 21/abr./2019
10:30 h a 20:30 h
SEMANA SANTA - VIMIANZO
Semana Santa en clave de patrimonio en Vimianzo

Sáese Vimianzo do guión das procesións, e propón unha Semana Santa na que o ptragonismo o leva o patrimonio. O castelo, os Batáns do Mosquetín, ruta dos domens e o Castro das Barreiras son os principais argumentos, a través das visitas guiadas e teatralizadas, para invitar á veciñanza a visitar a vila soneirá.

Un Concello que xa realiza ao longo de todo o ano visitas guiadas para grupos baixo demanda aos diferentes bens patrimoniais, pero a programación intensifícase na Semana Santa, do mesmo xeito que se amplía o horario de apertura dos monumentos.

O Castelo de Vimianzo, principal receptor de visitantes, amplía o seu horario de apertura desde o xoves ao domingo, podendo acceder gratuitamente á fortaleza desde as 10.30 ata as 14.00h e de 16.00 a 20.30h, podendo neste horario facer unha visita libre á fortaleza e á Mostra de Artesanía en Vivo. De xoves a domingo haberá visitas guiadas ás 12h e ás 19h; e visitas teatralizadas de venres a domingo, ás 13h e ás 17h.

Os Batáns do Mosquetín tamén amplían horario nestes días, podendo acceder libremente ao conxunto etnográfico desde as 10.30h ata as 20h. Haberá tamén visitas guiadas, coa posta en funcionamento dos muíños e os batáns, ás 11h, ás 13h, ás 17h e ás 19h.

O xoves farase un percorrido por unha parte da Ruta dos dolmens, visitando Pedra Cuberta (titularidade do Concello de Vimianzo), Pedra Moura de Carnio e Pedra da Serpe de Serramo. A visita realizarase en bus, que sairá ás 16.30h do Castelo de Vimianzo. Aquelas persoas que desexen inscribirse, poden facelo en [email protected], ou no teléfono 981716354. Será de balde.

E o sábado realizarán unha visita ao recentemente escavado castro das Barreiras da man do arqueólogo que dirixiu a escavación, Tito Concheiro. Será ás 18 horas no castro, e tamén é gratuíta.

Comentarios