venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Semana Santa de Muros

24/mar./2016 a 27/mar./2016
11:00 h a 00:00 h
Semana Santa de Muros
Semana Santa Muros 2016 Feira de Artesania Semana Santa Muros 2016

Xa temos recollidas varias das citas singulares da Semana Santa na Costa da Morte. Poderemos ir á Mostra VíndemoVer de Carnota, pasar pola Semana Santa de Fisterra, ou visitar a Mostra do Encaixe de Camariñas. Pero outra das paradas terá que ser en Muros, onde xa teñen preparados todos os actos relixiosos e paganos.

Comezarán as actividades coa III Mostra de Artesanía Muradana, que estará aberta na Praza da Pescadería dnde o 19 ao 27 de marzo. Do 24 ao 27 ademais haberá mercadiño artesán e o sábado 26 ás 12:00h un obradoiro de torno.
Haberá estreno de Eroski-Pararaíso, a nova obra de teatro de Chévere, os días 18 e 19 de marzo. E o sábado 26 tocará achegarse tamén á Gran Noite de Risa con Carlos Blanco, Pachi y Culo e Monoulious DP.

Xa en clave relixiosa, dende o venres de Dolores, teremos procesións pasando polo Domingo de Ramos, o Xoves, Venres e Sábado Santo, para pechar coa pocesión da Palomita ás 111:!5h do Domingo de Pascua.

Citas para Semana Santa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios