Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Tarabela Teatro trae o seu Tabú polo 8M a Cee

07/mar./2020
20:30 h
Casa da Cultura
Tabu Teatro en Cee
Tarabela Teatro trae o seu Tabú polo 8M a Cee

Este venres 7 de marzo, o Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee acolle, ás 20.30 horas, a obra de Tarabela Creativa, "TABÚ", Con Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Su Garrido Pombo   

 "Tabú" é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
 Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

 

Público adulto (a partir de 13 anos). Entradas a 3 e 5 euros

Comentarios