Evento
Teatro na Casa da Cultura de Cee
23/mar./2019
18:00 h
Casa da Cultura de Cee

11:44 22/03/19
O auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee acolle este sábado 23 de marzo ás 18.00 horas o espectáculo Muíñada, estreado e coproducido polo FIOT, Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo.
É unha obra teatral que é interesante tanto para as pequechas e pequechos como para un público máis adulto grazas ao texto da dramaturga Ana Carreira. Está dirixida por Davide González e protagonizado polos actores Alba Bermúdez e Tone Martínez.
A función, programada dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia, terá uns prezos de 2 € para os nenos e 3 € para os adultos. A taquilla estará aberta desde media hora antes do inicio do espectáculo.