Evento
Teatro coas avoas de Laxe

O sábado 30 de marzo ás oito da tarde, as avoas de Laxe estrearán a súa terceira obra “Facede o favor… pensade”. A función consta de 10 sketches, os cales, dándolle continuidade a temática dos anos anteriores, invitan a reflexionar sobre os comportamentos machistas na sociedade, así como a fortaleza das mulleres que viven illadas no rural.
Para esta ocasión contarán con diversas colaboracións como a Escola Municipal de Teatro, o grupo de aficionadas “As Juapas”, e outras persoas, que sen dúbida sorprenderán ao público. Un grupo formado por avoas de idades entre 60 e preto de 80 anos que comenzaron a facer teatro para mellorar a memoria e divertirse.
Xa en anos anteriores puxeron en valor o importante papel que desempeñan as avoas e avós na conciliación familiar e fixéronnos reflexionar sobre a xestión das emocións e as inseguridades.