Evento
Teatro do Atlántico nos #VenresCulturais de Carballo
22/feb./2019
21:00 h
Pazo da Cultura de Carballo

11:00 21/02/19
Dentro da programación dos Venres Culturais, o Pazo da Cultura de Carballo acolle este venres a representación da obra 'Dúas dinas que bailan', de Teatro do Atlántico.
Teatro do Atlántico é unha das compañías galegas máis sólidas do panorama actual, galardoada recentemente co Premio da Crítica de Galicia. A obra "Dúas donas que bailan" é un auténtico agasallo teatral, adobiado de humor malvado, que permitirá ao espectador compartir os soños e os fracasos de dúas mulleres fortes que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outros asuntos que impón a sociedade contemporánea.
A partir das 21.00 horas!
Entrada: 4 e 3 euros. Venda anticipada a través de www.ticketea.com ou no 902 044 226.