venres. 06.06.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

10/dec./2016 a 10/dec./2016
21:30 h a 21:30 h
Teatro en Muros
captura-de-pantalla-2016-12-07-a-las-13-21-13 Para despedir o ano teatral 2016 o Departamento de cultura do concello de Muros, dirixido pola alcaldesa María-Xosé Alfonso, programa catro espectáculos escénicos, cos que aproveita para render homenaxe ao escritor ao que foi dedicado o presente ano: Manuel María, así como conmemorar os 75 anos da estrea da obra de Castelao “OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE”. Actividade: TEATRO Compañía: Fantoches Baj Obra: “Os Vellos non deben de Namorarse” Día e hora: sábado 10 de decembro, ás 21:30 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Dende a súa estrea en Bos Aires no 1941, data da que se cumpren 75 anos, Os vellos non deben de namorarse foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria, como texto de múltiples e variadas propostas escénicas, mais as últimas montaxes do teatro profesional (Teatro do Morcego, o CDG, centro Dramático Nacional) foron feitas hai xa máis dunha década; por iso a compañía a compañía Fantoches Baj decide poñela en escena, opta por facelo con marionetas e máscaras, sería a segunda vez que se aborda con marionetas, e consideran que esta proposta ven a cubrir o baleiro existente na actualidade ao non dispor o público galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada ás intencións do autor, de Os vellos non deben de namorarse. En canto ao deseño dos monicreques e escenografía seguiron punto por punto os deseños feitos por Castelao para a súa estrea. Respectando as intencións do autor e valorizando o que consideran o primeiro proxecto total do teatro galego. A obra componse de tres historias que en realidade son tres variacións do mesmo drama: Un vello que pretende os amores dunha moza nova… esta correspóndelle ao vello dun xeito crecente segundo van sucedéndose os lances. No primeiro só de palabra, no segundo con algún bico que cambia por leiras e no terceiro a moza chega a casarse co vello. Sen embargo todos as historias rematan co mesmo desenlace, a morte prematura do vello por mal de amores. No epílogo final, os esqueletos destes tres vellos reúnense no cemiterio común no que foron enterrados e comentan, coa distancia que da a morte, as súas absurdas intencións de rexuvenecer a través do amor da moza A partires da última escena do terceiro lance, a peza pasa a ser representada por actores para respectar mellor a ideade Castelao. A actriz vestida de loito chora diante dun mural na que os actores sacan as súas cabezas polos ocos practicados nas caras dos tres bailaríns e desde alí cantarán. O epílogo represéntase con máscaras, introducindo un novo elemento de sorpresa ao mesmo tempo que deixa aberta a lectura de que foron os esqueletos quen acaban de contarnos a súa propia historia. A obra é unha farsa cómica, unha traxicomedia, na que o texto e o deseño escenográfico son de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a dirección corre a cargo de Inacio Vilariño e os Actores-manipuladores son Inacio Vilariño, Luis Javier Iglesias Rodríguez (Luchi), María Teresa Rodríguez Castiñeiras (Tero) e Gabriel Penabade Outeiro (Lucho). Coros e cantigas: Pandereteiras A Carballeira de Cercio e a interpretación musical é de Benxa Otero, Carlos Quintá, Pablo Bernárdez e músicos da Banda de Lalín Unha semana máis tarde, o sábado 17, visitará Muros a compañía Títeres Alakrán, que representará a obra de Manuel María “Soños na gaiola” Día e hora: sábado 17 de decembro, ás 18:00 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Uns días despois acompañaranos, no mesmo escenario, o Mago Pago, co espectáculo “Maxia de Nadal”, o venres 22, ás 19:00 h. O día 29, ás 18:00 h, visitaranos de novo, Inacio Vilariño, nesta ocasión cun espectáculo patrocinado pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, e destinado aos máis pequenos “O Castiñeiro do Apalpador” E finalmente o venres 30, ás 21:30 h, poderemos gozar co espectáculo “Noiteboa” de Redrum teatro.
Comentarios