![Presidente de Teatro do Morcego]()
Día e hora: sábado 22 de abril, ás 21:30 horas.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Teatro do Morcego - “Presidente”
Teatro do Morcego, a compañía dirixida polo moañés Celso Parada representa o sábado en Muros "Presidente", unha compañía, con 27 anos de vida e máis de 30 espectáculos ás súas costas, dos que varios xa foron representados neste mesmo auditorio.
"Presidente", é unha Comedia dirixida por José Prieto e protagonizada por Celso Parada, Mercedes Castro, Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez.
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar una iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Distintas familias recibirán, sen previo aviso, la inesperada visita do Presidente.
Unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos seus valores tradicionais, unha familia monoparental antisistema verán como diante deles aparece o Presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor
Conseguirá o Presidente o voto de xente tan variada, dárllela volta ás enquisas e seguir gobernando outros catro años? O resultado das eleccións coñecerase ao final desta comedia electoral de manipulación política.
Celso Parada traballa en teatro desde 1976 como actor y director. En 1989 funda ‘Teatro do Morcego’ coa que produce unha trintena de espectáculos. Participou en películas e series de televisión como “A lingua das bolboretas”, “O lapis do carpinteiro”, “Pratos Combinados”, “A Familia Pita”, “Mareas Vivas”, “Pequeno Hotel”, “Rías Baixas”, “Libro de familia”. Todo o elenco é de luxo e moi coñecido por todo o público… quen non coñece a Iolanda Muíños ou ao actor da nosa bisbarra Federico Pérez
O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 3,50 euros.