Evento
Teatro en Muros
16/maio/2017 a 16/maio/2017
9:30 h a 6:00 h
Centro Cultural
19:24 15/05/17
O GRUPO LOCAL AQUELANDO TEATRO PECHA A XI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO COA REPRESENTACIÓN DE “A FIESTRA VALDEIRA” O MÉRCORES 17 E O SÁBADO 20 ÁS 21:30 H.
A “XI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” chega ao seu fin, coas representacións dos grupos locais TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS e AQUELANDO TEATRO.
martes 16 de maio, 21:30 h.
TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “ABUSÓNS S.A.”.
Dirección: Xosé Taxes Freire
Elenco: Clara Caamaño, Lucía Fdez. Beiro, Carmen Leis, J. Francisco Lestón, M. Belén Lestón, Sara Maceiras, Rodolfo Mayo, Aroha Morán, Carmen Priegue, Manuel Priegue, Lara Raimúndez, Diana Romero, Martín Senande, Tamara Senande, Anxo Simal, Natalie M. Solares.
Sinopse: Aborda o tema dos abusos escolares e está inspirada nas obras “Imagina que eres el patito feo”, de Julia Herrero e “Pros y contras” de Tahiche Rodríguez.
mércores 17 de maio, 21:30 h. e
sábado 20 de maio, 21:30 h.
AQUELANDO TEATRO DE MUROS “A fiestra valdeira”.
Autor: adaptación da obra de Rafael Dieste
Director: Lucho Penabade.
Elenco: Lola Barreiros Lestón, Pepa Caamaño García, Bernardino Fernández Lloréns, Concha Martínez Mayo, Maruja Mayo Priegue, Sabela Pérez González, Lola Rey Castiñeiras, Paz Rey Castiñeiras, Mariña Rey Martínez, Gabriel Sestayo Lago.
Sinopse: D.MIGUEL é un indiano que veu rico do Brasil e encarga un retrato a ANTONIA, unha pintora moi avezada.
O cadro e o seu significado desatan un conflito de pareceres no que acaban por intervir as xentes do mar, os amigos e toda a familia .
A FIESTRA VALDEIRA de R. Dieste achéganos ao mundo mariñeiro visto con autenticidade e coñecemento cabal da realidade no que transitan personaxes populares e fondamente entrañables.
AQUELANDO TEATRO, de Muros pón en escena un clásico do noso teatro cheo de referencias mariñeiras que nos son tan próximas e queridas.
Adaptan e xogan ao teatro cunha versión que conserva a esencia do conflito pero que usa criterios teatrais e de reparto actualizados.
Esta obra pechará a XI Mostra de teatro Xosé Agrelo
Ademais nesta semana, por coincidir co Día das Letras Galegas, prográmanse dous obradoiros destinados aos máis miúdos, un o mércores 17 de maio, ás 18:00 h, no Curro da praza, o obradoiro de cabezudos “Un polbo xigante”, inspirado na obra do mesmo título de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano, nesta efeméride. E o venres 19, ás 18:15 h., realizarase o segundo obradoiro “A Galiña dos ovos de conto”, na Biblioteca de Muros. Ámbolos dous son gratuítos para os participantes.