domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

18/nov./2017 a 18/nov./2017
6:00 h a 6:00 h
Teatro en Muros
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle o sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas, o espectáculo infantil e familiar “Rubicundo”. Inscrito dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. “Rubicundo” é unha adaptación do conto de María Canosa Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara nel, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…  Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, cunha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros que Ghazafelhos propón para sorprender ao público familiar e facela difícil de esquecer. Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006, que se consolida en pouco tempo como unha das compañías galegas de referencia para  público familiar. Compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.
Comentarios