domingo. 10.08.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

23/xan./2016 a 23/xan./2016
18:00 h a 18:00 h
Teatro en Muros
Espectaculo Xoga Aínda que o espectáculo “Xoga”, está especialmente indicado para nenos e nenas a partir de 3 anos, o certo é que todos, pequenos e maiores, poderán gozar durante case unha hora da nova proposta, da xa consagrada compañía de danza Entremáns, “Xoga”, na que por medio da danza e o audivisual se nos presenta o corpo humano como unha aventura por descubrir e gozar. O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle o sábado, 23 de xaneiro, ás 18:00 horas, o espectáculo infantil “Xoga”. Inscrito dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. XOGA é un espectáculo didáctico para descubrir como es e saber de que estás feito/a. Un encontro que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento. O espectáculo estreouse en marzo de 2015 no Teatro Colón da Coruña e está recomendado por Redescena (Rede Nacional de Teatros e Auditorios) A Compañía Entremáns é unha compañía de Danza Contemporánea, que no 2016 cumpre 10 anos de traxectoria en Galicia. Está formada por bailaríns cubanos residentes en Galicia que manteñen unha filosofía de traballo grupal onde a creación e a dirección artística se realiza xeralmente de xeito colectivo. Combinan as súas producción con tarefas formativas, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas. Foi premiada en diferentes ocasións e tivo moita presenza nacional e internacional con varios dos seus espectáculos. En Muros recalou xa fai algúns anos con outro magnífico espectáculo. As entradas son a 3,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros. A alcaldesa de Muros está entusiasmada por poder ofertar un espectáculo como este a toda a veciñanza e recoméndalle a todos non desperdiciar a oportunidade de gozar dunha excelente tarde de sábado en familia.
Comentarios