![mofa e befa en Muros con Jacques o Fatalista]()
“OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA” DE P.T. EXCÉNTRICAS (MOFA E BEFA), SÁBADO 30 NO CENTRO CULTURAL DE MUROS, AS 21:30
Día e hora: sábado 30 de xaneiro, ás 21:30 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Producións Teatrais Excéntricas: “Os amores de Jacques o fatalista”
O concello de Muros programa o vindeiro sábado, día 30, o espectáculo “Os amores de Jacques o fatalista”, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
“Os amores de Jacques o fatalista” é o último traballo de Excéntricas, que se estrea este venres, 29, en Carballo. Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar más próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo cóntanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor... como fai case todo o mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas delas que non ousarían dicir se as tivesen diante, como fan algúns homes.
Este paraíso masculino “ráchase” cando aparece a Pousadeira. A pousadeira é tan faladora como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e da asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes, sen importarlle ser escoitada por tres homes, Jacques, o seu amo e o marido da pousadeira.
Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o namoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o enxeño... en definitiva, sobre os amores.
Os artistas en escena son María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz que se multiplicarán no cambio de personaxes, de puntos de vista... O director é HYPERLINK "http://www.excentricas.net/es/exc%C3%A9ntricas/List/show/quico-cadaval-156" Quico Cadaval
Producións Teatrais EXCÉNTRICAS é unha empresa dedicada á creación de espectáculos teatrais e serve como plataforma de produción a marcas como MOFA e BEFA, o dúo cómico de Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, os espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e os proxectos musicais de Piti Sanz.
HYPERLINK "http://www.excentricas.net/es/exc%C3%A9ntricas/List/show/piti-sanz-172" Piti Sanz, compositor e actor, compaxina a súa participación en Mofa e Befa con “DI ELAS” grupo de rock que lidera xunto a Luís Tosar. É sinónimo da mellor música audiovisual e teatral da escena galega.
María Costas, actriz e cantante, cunha importante bagaxe, participou en teleseries como Luci e Casa Manola.
Marcos Orsi, aínda que é brasileiro, asentouse en Galicia como actor. Traballou moito en cine, teatro, (un dos seus último traballos A ópera de tres reás, co CDG) e televisión (Rías baixas, Matalobos)…
Víctor Mosqueira ten participado en compañías coma O Moucho Clerc, CDG e Ollomoltranvia. Na actualidade o seu traballo está vinculado ao dúo cómico Mofa e Befa. Traballa ademais en cine e televión, sendo moi coñecidos os realizados nas teleseries Un paso adelante (Antena3) e Mareas vivas, A Vida por diante, Padre Casares e Casa Manola, (TVG), e nos programas de humor Apaga a luz e Máxima audiencia (TVG).
MOFA & BEFA xorde como comando de comedia contemporánea no ano 1992, e dende aquela vennos visitando en Muros coa maioría dos seus espectáculos, tanto os que teñen como Mofa e Befa, como os que presentan como Producións teatrais Excéntricas, sempre colleitando éxito e risas do público.
As entradas xa están a venda nas oficinas do Centro Cultural. Prezo 3,50 €.