Evento
Teatro en Muxía

A actuación será ás 19.30 h., no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, e as entradas (1 €) poden retirarse no mesmo lugar dende as 19:00 h
O espectáculo
Fantoches Baj representa con marionetas a emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires. Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela exitosa montaxe que sobre do Mariscal de Ramon Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao publico galego que marionetas e adultos non son duas cousas incompatibles. Ademais, trátase dunha proposta que vén a cubrir o baleiro existente na actualidade de non dispor o publico galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada as intencions do autor, de Os vellos non deben de namorarse, pois se ben é verdade que a sua montaxe é habitual en Galicia con incontables escenificacions no ámbito do teatro escolar e afeccionado, tamén o é que as ultimas montaxes do teatro profesional foron feitas hai xa máis dunha década. O deseño dos monicreques e escenografa segue punto por punto os deseños feitos por Castelao para a sua estrea, dos que existe unha abundante documentacion (deseños, fotos, partituras, máscaras e anotacions.) Un espectáculo de calidade que respecta as intencions do autor valorizando o que nos consideramos o primeiro proxecto total do teatro galego.
Duracion: 70 minutos
Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)