Evento
Teatro en Vimianzo


O Concello de Vimianzo presentou a programación para adultos do Auditorio de Vimianzo para os vindeiros meses. A programación inclúe espectáculos teatrais, musicais ou monólogos. E para pechar o ciclo de outono, unha obra máis que interesante.
A compañía compostelá TikTak Teatro, trae este o sábado 17 ás 21.30h na Casa da Cultura de Vimianzo a súa obra Des-Enlace. Unha obra moi especial pois entre os 7 actores protagonistas, atopamos á veciña vimiancesa Alba Mancebo, unha verdadeira heroína irmandiña. Xunto a ela, Alicia Castelo, Martín Parga, Brais Pedrera, Fran Kanhotas, Clara Rey e Enma Fernández representan os 27 personaxes que ten a obra. Unha obra que se desenvolve nunha voda: hai espazo para os camareiros, para as cociñeiras, amigas da noivo, bispo, familiares... É unha comedia con toques serios, con crítica social. Hai música, hai comida.
Fonte
- Concello de Vimianzo.