luns. 26.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro infantil en Corcubión

31/mar./2017 a 31/mar./2017
6:30 h a 6:00 h
Biblioteca
Teatro infantil en Corcubión
VENRES, 31 de MARZO
HORA: 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Corcubión
Espectáculo infantil baseado en relatos de Adela Turín para lles dar a volta aos roles e estereotipos de xénero
Autora: Adela Turín
Directora: Paula Carballeira
Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Un espectáculo onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, tratarase de crear unha atmósfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.
Dirixida a público infantil: de 4 a 8 anos de idade.
Comentarios