Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Teatro Infantil en Muros: Inolvidable viaje de Nana

01/feb./2020
18:00 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil
INolvidable viaje de Nana en Muros
Teatro Infantil en Muros: Inolvidable viaje de Nana

“El inolvidable viaje de Nana” da compañía cántabra, “Café de las Artes Teatro”, chega este sábado a Muros. Miúdos e maiores poderán gozar deste estupendo espectáculo.

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros  continúa a súa programación  teatral destinada a público familiar cun gran espectáculo, “El inolvidable viaje de Nana”, da compañía cántabra “Café de las Artes Teatro”, que estará en Muros o sábado, 1 de febreiro, ás seis da tarde. Incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. 

Nana está embarazada e pouco a pouco descobre como o seu corpo comeza a mudar para nunca volver a ser un, se non dous. Nana tén a sensación de ter subido a un globo aerostático e camiñar polo ar durante nove meses. E máis, o seu bebé nacerá, farase neno, mozo, adulto. “El inolvidable viaje de Nana” é unha viaxe en globo que sobrevoa o terreo do ciclo da vida.

Partindo das linguaxes do circo e o teatro xestual, a compañía opta por unha posta en escena interdisciplinar. A estrutura dun globo aerostático aparece en escena cuberta de tea blanca sobre a que se van proxectando imaxes. “El viaje de Nana” é unha colección de recordos en tres dimensións. A viaxe dunha muller que se converte en nai. O Aro é o elemento simbólico presente en toda a peza; é a base, a casa, o “continente” que protexe e encerra todas as  imaxes e secuencias que compoñen a obra. Teatro xestual, circo, marionetas, sombras, música e imaxe entrecrúzanse e dialogan buscando cadros escénicos depurados e sinxelos, cunha linguaxe directa e accesible.

A autora e protagonista é ALICIA TRUEBA TOCA, que nace en México pero medra en Santander, onde recibe formación en danza clásica. Logo estuda Arte Dramático, Mimodrama, Teatro e Artes de Circo, especializándose en disciplinas aéreas. Traballará como bailarina e coreógrafa e tamén como mimo, intérprete e artista de circo coa Nouvelle Compagnie Marcel Marceau, entre outras, percorrendo escenarios de toda Europa. En 2009 crea xunto a Cristian Londoño, o Espazo e Compañía “Café de las Artes Teatro” en Santander.

As entradas son a 3,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros, tamén poden ser reservadas no teléfono 981762294.

A concelleira de cultura, Mayka González, agarda que esta oferta resulte de interese para o noso público, en especial para os máis novos e novas, e poidamos gozar dunha excelente tarde de teatro en familia.

Comentarios