Evento
Teatro para os máis pequenos en Malpica: Puño puñete

A Mostra de Teatro de Malpica cumpre 15 anos, e para celebralo, ademais das funcións de sala no auditorio do Centro Cívico, a Concellaría de Cultura organiza un ciclo paralelo de espectáculos en comercios e establecementos hostaleiros da vila. Realizarán un percorrido pola escena galega máis actual e divertida a través de 11 propostas escénicas moi variadas. Esta semana no Ciclo de Sala:
- 29 de novembro (20.30 h). Baobab Teatro
Puño puñete
Elenco: Andrea Bayer e Davide González
Duración: 45 minutos
Xénero: Espectáculo musical
Público preferente: Familiar / infantil, especialmente nenas/os de 1 a 7 anos
Todos os espectáculos son de balde e ao remate de cada un recolleranse as valoracións do público, que poderá puntuar cada actuación do 1 ao 5, axudando deste xeito a mellorar cada ano a programación segundo os gustos dos/as espectadores/as.