![]()
O venres 29 de setembro, chega a Muxía a actividade de Turismo da Xunta de Galicia “Vive o Camiño”.
A caravana Vive o Camiño é unha proposta escénica, musical, expositiva e divulgativa que pretende dinamizar en poñer en valor os Camiños Inglés e de Fisterra- Muxía. E é para tódolos públicos.
En Muxía poñerase no Cabo da Vila, xa dende a mañá do venres, a mostra que acompaña a actividade e pola tarde, no mesmo Cabo da Vila, ás 18.30 h haberá unha obra de teatro” Dous no Camiño” con Isabel Risco e Fran Rei coa dirección de Avelino González e texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala