venres. 06.06.2025
El tiempo

Evento

Títeres en Muros

17/dec./2016 a 17/dec./2016
18:00 h a 18:00 h
Títeres en Muros
Para despedir o ano teatral 2016 o Departamento de cultura do concello de Muros, dirixido pola alcaldesa María-Xosé Alfonso, programa catro espectáculos escénicos, cos que aproveita para render homenaxe ao escritor ao que foi dedicado o presente ano: Manuel María. O sábado 17, visitará Muros a compañía Títeres Alakrán, que representará a obra de Manuel María “Soños na gaiola” Día e hora: sábado 17 de decembro, ás 18:00 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Uns días despois acompañaranos, no mesmo escenario, o Mago Pago, co espectáculo “Maxia de Nadal”, o venres 22, ás 19:00 h. O día 29, ás 18:00 h, visitaranos de novo, Inacio Vilariño, nesta ocasión cun espectáculo patrocinado pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, e destinado aos máis pequenos “O Castiñeiro do Apalpador” E finalmente o venres 30, ás 21:30 h, poderemos gozar co espectáculo “Noiteboa” de Redrum teatro.
Comentarios