Mércores. 11.12.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Tradicional Magosto nas Torres do Allo

30/nov/2019
12:00 h
Torres do Allo
Tradicional Magosto nas Torres do Allo

A gran foliada que tiña previsto realizarse o vindeiro  9 de novembro nas Torres do Allo para celebrar o seu tradicional Magosto, tivo que ser adiada ao sábado 30 de novembro polas previsións metereolóxicas. Ese día, a partir das 18:30 horas comezará o Magosto no que non faltarán as castañas, a música nin os bailes tradicionais, que correrán a cargo dos grupos da Asociación Cultural Adro, da Asociación de Baile Tradicional Churía e da Asociación Cultural Trubisquiña. A actividade está organizada polo Concello de Zas e é de balde.

Ademais, ese mesmo día con anterioridade á celebración do Magosto, ás 12:00 as Torres do Allo acollerán un Obradoiro Infantil de Outono destinado á diversión dos máis pequenos e pequenas da casa.

Para estes obradoiros, que son de balde, é preciso inscrición previa: nos centros socioculturais de Baio (981 718 056) ou Zas (981 751 398), ben no enderezo correo [email protected].

Comentarios