Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Tropa Teatro en Muros

22/feb./2019 a 22/feb./2019
18:00 h a 20:00 h
Centro Cultural de Muros
Tropa Teatro en Muros
Tropa Teatro en Muros

Este venres 22 de febreiro, ás 18:00 h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle a cita de Teatro/Contacontos – A Tropa de trapo - “Antía, Wamba e o regato pequeno”

A obra de teatro componse de catro historias que axudan a reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos aportar uns aos outros. Os catro contos saen da boca de Wamba, un mozo do Congo que un día se topou con Antía, unha nena galega. Xuntos descubriron que podían compartir moito máis do que pensaban.

Ao longo do espectáculo, Wamba cóntalle a Antía relatos que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falla, de compartir de verdade, valorar o importante, rir, mirar ao futuro con esperanza… Estes contos, pensados para bailar, cantar e xogar, tamén fan sentir e pensar. Todo está fiado polo refrán da avoa de Wamba: o río énchese de regatos pequenos.

Comentarios