![VI memorial Manuel Rebollar 2016]()
A asociación de Amigos da Banda de Música de Cee organiza o
VI memorial Manuel Rebollar que terá lugar o sábado, 30 de xullo, a partir das 19:30 horas na praza da Constitución de Cee.
Actuarán a banda municipal de música de Cee, a Unión Musical de Valladares e a banda de gaitas de Forcarei. Ademais das súas propias pezas, estas dúas últimas agrupacións realizarán unha actuación conxunta.