Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

XI Festa Africana de Mazaricos

06/xul./2019
12:00 h
Recinto Feiral da Picota
Festa Africana Mazaricos 2019
XI Festa Africana de Mazaricos

Continúa a ONG Egueire vinculando a realidade africana, concretamente de Costa de Marfil, coa Costa da Morte, con Mazaricos. Actualmente os proxectos primordiais da entidade que se están levando a cabo son o sostemento da maternidade que se inaugurou en decembro de 2017, a creación dunha granxa–escola e a colaboración co orfanato “Amigos do sorriso”, coaa “Plataforma Sanidade” de Grand-lahou e con cooperativas de mulleres que afuman pescado para poder conservalo e vendelo e produtoras de legumes.

Para axudar a manter vivos estes proxectos, a entidade organiza unha nova Festa Africana en Mazaricos, xa na súa XI edición. O vindeiro 6 de xullo, a cita comezará as 12:00h na Aula de Medios Audovisuais do CEIP A Picota onde terá lugar o visionado do film “Tigernut” de Antxon Monforte. Un documental no que se mostran as duras condicións e estafas polas que pasan os traballadores de chufa en África. Dito documental aínda que é descoñecido para a maior parte da sociedade, é un dos documentais mais internacionais de España en 2018: pois foi elixido por 19 festivais do mundo, como os de Nueva York, Cannes, Roma, Praga...

O redor das 14:00h comezará o xantar no Recinto Feiral A Picota que será amenizado polo grupo ceense Peta Forte e as Pandereteiras da Asociación As Neves de Buxantes. Finalizado terá lugar a gran actuación dun grupo de bailes tradicionais de Ángola.

O donativo aconsellado e de 20€ e pode facerse o ingreso na conta de Abanca que aparece no cartel ou poñerse en contacto con algún dos membros da ONG a poder ser antes do 3 de Xullo.

Festa Africana Mazaricos 2019

Novas relacionadas

Comentarios