xoves. 29.05.2025
El tiempo

Evento

XIX Festa do Bolo do Pote

04/mar./2017 a 04/mar./2017
1:00 h a 11:00 h
Bares da Picota
XIX Festa do Bolo do Pote
Bolo do Pote de Mazaricos de preto Estase facendo internacional a Festa do Bolo do Pote de Mazaricos. Despois de triunfar en Feiras como o Xantar de Ourense, e a un ano de cumplir a vintena, esta festa tradicional e gastronómica está en pleno proceso de acender os fogóns para unha fin de semana deliciosa. As Xornadas serán sábado 4 e domingo 5 de marzo no núcleo da Picota, onde seis locais ofrecerán a degustación deste particular bocado. Do mesmo xeito, o domingo as e os visitantes poderán probar os bolos, saídos das mans da Asociación das Amas de Casa, na carpa habilitada para esta fin. A Festa estará amenizada con gaiteiros e orquestra. Cartel XIX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2016 Como novidade desta edición, os hostaleiros están a sortear, mediante a páxina de facebook do Concello, tres xantares de balde para dúas persoas cada un. “O obxectivo é superar as 1.500 racións repartidas na anterior edición”, explicou Blanco. A preparación dos bolos do pote resulta aparentemente sinxela, aínda que cada cociñeiro ten o seu segredo para facer este prato saboroso. A base para a súa elaboración é a fariña de millo mesturada coa de centeo, que proporcionan consistencia. Poden empregarse anacos de touciño entrefebrado, chourizo ou touciño, cos que se prepara un rustrido que dá sabor á masa. Unha vez feito isto, dáselle forma de bóla e introdúccese a cocer na auga fervendo do caldo. Tras isto, córtase e sérvese acompañado de chourizo, lacón, orella ou calquera carne de porco.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Comentarios