sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Xornada Micolóxica en Lira

05/nov./2016 a 05/nov./2016
10:30 h a 10:30 h
Xornada Micolóxica en Lira
Xornada micoloxica Portaventosa Lira O Albergue Portaventosa arma unha nova Xornada Micolóxica por Carnota o vindeiro 5 de novembro, unha xornada na que se combinen os aspectos lúdicos, gastronómicos e científicos asociados a este mundo dos fungos. Así, o vindeiro 5 de novembro, primeiro sábado do mes, terá lugar II Xornada Micolóxica Portaventosa, na que contarán coa presencia de Merche Nodar, do Colectivo Micolóxico da Estrada, e que tan bos consellos e coñecementos compartiu o pasado ano coas persoas que participaron na primeira convocatoria. O programa comezará ás 10.30 h da mañá, cunha sesión teórica, que terá lugar nas instalacións do Albergue de Lira, Portaventosa. Tras esta charla, entorno as 12.00 h do mediodía, realizarán unha saída de campo pola contorna do concello de Carnota, durante o que se poñerán en práctica os coñecementos adquiridos e, de seguro, suscitaranse novas preguntas. Se o tempo o permite, comerase de campo, e cada participante deberá levar o seu xantar. A partir das 17.00 h, volverase ás instalacións do Albergue para facer unha posta en común do atopado, aprendendo a limpar os cogomelos, compartiranse consellos sobre a súa conservación e voltarase a incidir sobre as súas propiedades. O pouco, prepararase unha pequena merenda degustación co recollido para que as persoas participantes paladeen os diferentes sabores e aprendan diferentes formas de preparación. Esta xornada está dirixida a todos os públicos, entendidos ou primeirizos na materia, e na que poderán participar con familia e amizades Para que a actividade se leve a cabo deberá existir un número mínimo de 8 participantes adultos que estean inscritos antes do xoves 3 de novembro. O prezo para participar nesta xornada é de 20 € por persoa, 5 € para os menores de 16 anos. Tamén existirán descontos para grupos. Xa te podes inscribir no 660 227 069
Comentarios