![xornadas nacionais do lobo santa comba]()
Gandeiros, biólogos, veterinarios e defensores do lobo daránse cita nas
Xornadas Nacionais do Lobo que terán lugar en Santa Comba os días
18 e 19 de marzo. Este evento, organizado polo concello xalleiro, contará coa presenza de
Marcos Rodríguez Pantoja “el lobo solitario de Sierra Morena”; coñeceido por vivir 12 anos no seo dunha manda de lobos. As xornadas comezarán ás 11 horas do venres 18 coa
proxección da película "Entre lobos" na que se conta a súa historia. Tras o visionado, o protagonista responderá ás preguntas que lle plantexen os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio.
As xornadas nacioniais continúan o sábado, 19 de marzo. Despois da inaguración do evento, varios relatores (entre os que se atopa como o
corcubionés Francisco Lema Fuentes) falarán sobre o protocolo e o procedemento a seguir tras o ataque dun lobo a un animal de producción. As xornadas continúan cunha ponencia sobre o papel que xoga na natureza esta especie en perigo de extinción. Correrá a cargo de
Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, profesor titular de patoloxía Médica e Nutrución na facultade de Veterinaria de Lugo. A continuación,
Vicente Palacios Sánchez - doutor en Bioloxía - falará sobre o sistema de comunicación entre mandas de lobos e da interpretación dos ouveos.
Tras unha pausa para o café,
chega o turno do documental de Chisco Lema que baixo o título "A Costa da Morte. O gran carnívoro sobrevivinte" . Esta proxección dará paso a falar sobre os lobos na comarca do Xallas e da Costa da Morte analizando así a situación actual da especie.
Xavier Fernández Arias - biólogo e xerente dunha explotación ovina en Lugo - contará a súa experiencia co lobo así como dos métodos de disuasión na contorna das gandeirías.
Xa pola tarde, un experto na materia da universidade de Lisboa falará sobre a situación actual do lobo no país luso. Tamén terá tempo para facer un repaso sobre os desafíos na xestión desta especie protexida. A continuación, Alex Highland, naturalista de Fauna y Acción, falará do lobo como un recurso educativo e dinamizador do turismo. Antes da clausura oficial das xornadas nacionais do lobo, proxectarase o documental "Marcos el lobo solitario".
Quedada BTT Nocturna
Os amantes do deporte aproveitan as Xornadas Nacionais do Lobo para organizar unha quedada BTT noctura polas "rutas xalleira do lobo". A saída será dende o recinto feiral de Santa Comba e os interesados en participar poden obter máis información no número de teléfono 617 558 876.
A participación nas Xornadas Nacionais está aberta a todo o público interesado e a
entrada é de balde. O concello de Santa Comba pon a dispoción dos interesado dous números de teléfono nos que informarse: 981 818 710 e 649 191 973.
Programa
Novas relacionadas
Máis vídeos naturais
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).