![37 Festa da Pataca de Coristanco 2017]()
Esta fin de semana do 16 e 17 de setembro ten lugar a XXXVII Festa da Pataca de Coristanco, unha cita singular que será aberta pola pregoeira, a
nova regueifeira de Bergantiños Lupe Blanco.
O sábado haberá coches clásicos, xogos, a presentación do libro "Lembranzas" da Asociación Traba e verbena.
Para o domingo, ademais da misa, moito pasarrúas e moitas patacas co habitual desfile e concurso de carrozas.