FSF: Derrotas antes do gran derbi


Xornada importante esta para o Fútbol Sala Feminino con moitas cousas, como a importante vitoria para o Fisober ante un dos mellores conxuntos da categoría como é o Olivo pero que quedou ensombrecida pola lesión nun ombreiro da visitante Noelia, a que todo o deporte costeiro lle desexa unha pronta recuperación. Quedan en inmellorable posición as soneirás na táboa tras esta vitoria.
Mentres, na Liga Provincial, sorprendentes derrotas de Cee e Ponteceso, xusto a unha semana do derbi, que terá lugar en Cee o sábado 20 de febreiro ás 18:00h. As ceenses, que sumaban a súa segunda derrota do curso, manteñen unha diferencia importante ante as perseguidoras, unha vez que as pondalianas caían ata a 4ª praza tras esta cuarta derrota da tempada.
Descanban as Roxiñas de Lira, e o que non se puido disputar foi o choque do Atletes, e foi aprazado porque o pavillón de Esteiro estaba anegado.En categoría masculina, tocoulles aos rapaces de Cee viaxar a Mera, un dos rivais parellos na táboa de clasificación e onde era importante gañar para manter opcións no campionato, Alí sumaronunha i mportante vitoria que coloca ao equipo empatado a puntos co 2º clasificado e con 1 partido menos. A vindeira semá recibe na casa o Noia F.S.
Ademais, boa participación de Patri co seu Viaxes Amarelle
Liga Autonómica, xornada 19

- Resultado: FISOBER F.S.F. – OLIVO (3-0).
- FISOBER: Leti, Ana, Inés, Mai, Noe; tamén xogaron: Nuriña, Laura, Tamara, Paula Fandiño.
- Goles: Con 0-0 chegouse o descanso. 1-0 Inés, 2-0 Inés, 3-0 Leti.
Partido que tiña previsto disputarse no Pavillón Municipal de Vimianzo e por problemas de humidade no mesmo finalmente se disputou no Polideportivo da Ponte do Porto. Dende o Fisober F.S.F. queren agradecer tanto ó Concello de Camariñas como ó concelleiro Juan Carlos Canosa as facilidades dadas para que se puidera disputar alí.
O partido foi vibrante, emocionante, cheo de alternativas e ocasións. O arranque xa facía presaxiar o que sería todo o partido. Os tres minutos a local Noe mandaba un balón o trabe despois dun saque de banda. Non tardaban en contestar as visitantes por medio de Adriana. De novo Noe tiña unha ocasión para as locais. O ritmo non baixaba e agora eran as visitantes Cristina e Adriana as que poñían a proba a Leti. Nese toma e daca continuo Inés non era quen de aproveitar para as locais un rexeite a tiro de Noe mediada a primeira metade. Si a visitante Irene enviaba o pau, a local Tamara tiña unha inmellorable oportunidade. Pasaban os minutos e o ritmo non baixaba facendo disfrutar o público asistente. A tres para o fin a olívica Irene atopábase cunha extraordinaria Leti. Antes de rematar a primeira metade Ana e Nuriña puideron desfacer a igualada para as costeiras.
Parecía incrible pero chegouse con cero a cero o tempo de lecer grazas as intervencións das porteiras e a falla de tino nos últimos metros por ambos equipos.
A segunda metade naceu co mesmo guión ca primeira. Si a viguesa Irene tiña unha ocasión, respostaban Inés e Noe. Si eran as visitantes Irene e Cris, respostaba Ana. Daba a impresión de que o que se adiantara no electrónico se levaría o partido. Mediada esta segunda metade chegaron os mellores momentos das locais. Inés tivo unha gran ocasión coma paso previo o seu gol. E a once para o fin rachouse o cero cerismo, un gol da camellana Inés, xogaba case na casa, poñía en vantaxe as costeiras.
O peor do partido chegou cando a oito para o fin se lesionaba a visitante Noelia e o xogo tivo que estar parado varios minutos. A sete para o fin as visitantes decidíronse polo xogo de cinco o que obrigou a un maior traballo defensivo as locais se cabe . A mellor ocasión as do Olivo tivérona a cinco para o fin cando Cristina tocaba co calcaño para enviar o pau. Cas visitantes arriscando tiveron as súas opcións as locais con Noe, Nuriña ou Ana. As olívicas íaselles o tempo e cada vez arriscaban máis. Así foi cando a nove segundos do fin Inés roubaba para poñer o dous a cero e levar a tranquilidade nas locais. E aínda tivo tempo a porteira Leti de poñer o definitivo tres a cero sobre a bocina.
En definitiva gran partido o vivido na Ponte do Porto que deixa as costeiras na 3ª praza, igualadas a puntos cos dous primeiros da clasificación e con ata sete equipos en tres puntos, oito en cinco, pero condicionada xa que ata catro equipos da zona alta teñen un partido aprazado e o Poio dous.
Liga Provincial, xornada 17
- Resultado: Concello de Ponteceso - Santiago Futsal A Gaiola (4-5)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani,Aniña,Martina,Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Chus, Zeltia, Noa e Cintia.
Saían fortes as de Santiago, finalizando xa con tiro a portería a primeira xogada do partido. Co paso dos minutos iríanse metendo no partido as pontecesanas, pero as ocasións de perigo chegarían só por parte das santiaguesas, tanto que no minuto 8 chegaría o primeiro gol do encontro cun tiro pegado ó pau. Comezaría a chegar arriba o Ponteceso, pero nun erro defensivo facían o segundo as de Santiago. Non se virían abaixo as pondalianas e Cintia, tras unha boa xogada combinativa con Zeltia, recortaría distancias. Nos últimos minutos gozaría de máis oportunidades o Concello de Ponteceso, mais a 20seg para o descanso, chegaba o terceiro do Santiago dun tiro de falta, co que irían cara os vestiarios con 1-3 no luminoso.
No segundo período sairían presionando arriba as xogadoras de Curro e tendo máis o control do balón. Chegarían as ocasións, tirando incluso dous balóns ó pau e, nunha xogada de contra individual de Cintia, ela mesma volvía recortar distancias cun bonito gol. Xogarían con moita intensidade ambos conxuntos e chegando a portería rival, sendo as dúas porteiras as que salvarían ós equipos por varias veces. Pero no minuto 35, tras outro erro defensivo das pondalianas, chegaría o cuarto do Santiago. Carmen recortaría distancias un minuto despois desviando cara a portería un tiro de falta de Cintia.
Pero pouco lles duraría a alegría, pois noutro erro defensivo, as santiaguesas conseguían o 5 tanto. Sandra poñía o 4 no marcador para o Ponteceso rematando no segundo pau un pase de Cintia a 2 min do final e, nos últimos segundos, a mesma Sandra tería unha ocasión clara rematando de cabeza no primeiro pau, pero mandaríaa a porteira a córner e remataría o encontro co 4-5.
Liga Provincial, xornada 17
- Resultado: ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA- FSF VILLA DE CEE (2-1)
- Vila de Cee: Carla, Adriana, Alba, Maria de Dumbría e Marta. Participando tamén María Lijó, Paula Trinidad, Serena e Lucia.
- Resultado: UD LIBERTAD - FS VILLA DE CEE (1-7)
- Vila de Cee: Josiño, Champi, Purti, Carlos e José Antonio. Participando tamén Hidalgo, Estrella, Rafa, Tomás e Marroco.
Partido onde a fortuna estivo na súa contra. Comezaron as ceenses dominando o partido, mentres o 5 Coruña esperaba atrás e renunciaba a ter o balón, limitándose a defender e saír a contra. Ata o minuto 15 as ceenses dispuxeron de varias ocasións para marcar, pero o pau, a porteira e algo de mala sorte a pelota non quería entrar. As coruñesas tan so habían disfrutando de unha ocasión nunha falta que resolveu Carla cunha boa intervención. Xa polo minuto 20 conseguen marcar as coruñesas na súa 2ª ocasión o 1-0, o resto da 2ª parte continuou o dominio das Ceenses pero sen fortuna de cara a porteria.
Na 2ª parte repítese o guión dominio das ceenses e pouca fortuna de cara a portería, outra vez no ecuador e xa volcandose as rapazas de Juan Jesús sobre o rival sofren unha contra e consegue marcar o 2-0 o 5Coruña. Non deron por perdido o partido as Ceenses e ariscaron saíndo de 5 e faltando 5 minutos conseguen marcar por obra de María de Dumbría. A partir de ese momento o arbitro non permite continuar xogando de 5 pois según o mesmo a camiseta de porteira xogadora non e valida, cuestión que non opinou igual cando se presentan as equipacións a comezo do partido. Aínda así as Ceenses disfrutan de varias ocasións pero non era o dia. Faltado 30 seg. o arbitro comese unha falta clarísima o borde da area da 5Coruña e cal podía ser unha moi boa ocasión para as Ceenses, mais non era o día.
As estrelas nesta semá son 3* Paula Trinidad, 2* Alba e 1* María Lijó.
Liga Provincial Masculino, xornada 15.

Saíron totalmente enchufados os ceenses a polo partido, presionando e sen deixar opción o rival, e nos primeiros 10 minutos xa case tiñan sentenciado o partido con 3 goles. Continuaron dominando os Ceenses chegando o descanso cun 0-4. Na segunda parte xa co partido resolto os Ceenses continuaron a dominar o mesmo aínda que baixando a intensidade do xogo, terminando o partido cun 1-7.
As estrelas nesta semán son 3* Champi con tres golazos, 2* Marroco con 2 goles, e 1* Purti con 1 gol.
2ª Nacional, Gr. IV, xornada 17
- Resultado: Club Humanes Lambea - Viaxes Amarelle FSF (2-6).
- Viaxes Amarelle: Carmen, Patri, Xiana, Lago, Dolo (cinco inicial), Laura Tesouro, María Romero, Ana, Sheila, María Gómez, Uxía.
- Goles: 0-1 Patri (min. 1); 1-1 Vero (min. 2); 1-2 Laura Tesouro (min. 19); 2-2 Rocío (min. 23); 2-3 Sheila (min. 25); 2-4 María Gómez (min. 26); 2-5 Carmen (min. 40); 2-6 Dolo (min. 40).
Abriu a conta a nosa Patri nun partido no que as herculinas sumaron 3 puntos para seguir subindo postos na táboa. As galegas recortan a distancia co líder a un punto, compartindo o segundo posto co Leganés MasDeporte co que están empatadas. Tardou en decidirse e só ata os últimos minutos non se decantou definitivamente do lado laranxa.

Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).