Gandeiros do Xallas cambian "ghaspeadas leiteiras" por "rubias galegas" de carne


Curiosa a circunstancia que está dando nalgunhas explotacións gandeiras de Galicia. Tras falar con varias explotacións da zona do Xallas, descubrimos que hai unhas poucas que, ante os problemas cos prezos e a falta de axudas, decidiron cambiar a súa produción de leite pola de carne. Unha situación anómala, cando na zona do Xallas, aproximadamente o 80% de granxas son de leite.
"Se non apoian todo, non vale de nada", reza un gandeiro que xa vendeu todas as súas vacas "ghaspeadas", de leite, e no mesmo camión, trouxo de volta outras tantas de país, produtoras de carne. "Aforramos gastos e sacamos máis polos cuchos, porque os engordamos màis e os vendemos a kilo", recorda o gandeiro, que sinala que hai varias granxas pola zona, mesmo unha con 400 vacas, que fixo o mesmo.
Ata este punto chegaron algúns gandeiros despois de tantos meses de loita por un prezo xusto que cubra os custes de produción. Pero a mentalidade galega segue moi presente: "Aínda van facer tamén a cota da carne…", di ca boca pequena este gandeiro.
Casos puntuais
Falamos con Óscar Lema, presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, que nos conta que “en Mazaricos non se deu esta circunstancia, se cadra nalgún caso puntual pero sempre en pequenas explotacións”.
En todo caso, entende que "tal e como está o leite non se pode descartar, porque non se dan pagado facturas. E coas de vacún gastas menos en pensos, en silos de millo… tes menos ingresos pero tamén son máis directos, tes moitos menos gastos", apunta, pero tamén recorda que "os produtores de carne tamén están protestando porque están baixando os prezos".
Segue a loita
Aproveitamos para falar sobre como vai a loita dos Gandeiros. Lema indica que "a Plataforma en Defensa do Leite Galego vai empezar en contra de Lactalis, que non quere pactar a subida do leite. Algunha empresa si que o fai, pero lamentablemente segue todo igual. O Convenio asinado no Ministerio non vale para nada mentres non haia unha norma de penalización aos que incumpren".
Lema lamenta que a industria leiteira xa non depende nin sequera do goberno estatal. "Estamos en mans de franceses e portuguesas. Son multinacionais, é o que hai".
Novas relacionadas
- 10-12-15: Os tractores volven á rúa ante o inclumplimento reiterado dos acordos.
- 1-12-15: Os gandeiros reparten información entre a cidadanía para explicar a súa grave situación.
- Os gandeiros ameazan con novas mobilización ante o incumprimento das medidas pactadas
- “O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)