![xihadista-tufions-detencion]()
A Garda Civil detivo o pasado luns a Abdelkarem Redjimi en Tufións pola súa suposta relación co DAESH
A Garda Civil deixou en liberdade ás
catro persoas detidas o pasado luns pola súa suposta relación cunha rede de inmigración irregular que podería ser usada polo DAESH.. Trátase dos dous marroquies detidos en Almería e os outros dous arxelinos arrestados, un en Arteixo e outro en Tufións (Vimianzo). A operación, denominada Marianne, coordinouse dende Madrid e desenvolveuse pola xefatura de información da Garda Civil baixo a dirección do Xulgado Central de Instrucción número 2 e a Fiscalía da Audiencia Nacional.
Abdelkarem Redjimi, o arxelino de 33 anos de idade detido o luns pola mañá en Tufións, levaba tres anos residindo no municipio vimiancés onde traballou na industria madeireira e gandeira.
Segundo fontes da loita antiterrorista, os catro detidos foron trasladados a Madrid e alí foron liberados tras prestar declaracións á Garda Civil
sen chegar a pasar a disposición da Audiciencia Nacional. Estas mesmas fontes confirman que un dos detidos será expulsado do país por estar en situación irregular.
Ao parecer todos eles formaban parte da denominada
"ruta de refuxiados sirios" entre Turquía e Europa do Leste que foi a empregada por varios membros da DAESH para entrar en Europa xunto cos autores dos atentados de Paris do 2015. Juan Ignacio Zoido, ministro do Interior, indicou o pasado luns en rolda de prensa, que este entramado "foi o responsable do desembarco de case 200 inmigrantes en Lesbos en outubro de 2015"
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Crtvg