![O clube de pesca deportiva O Capote celebrou recentemente unha competición na praia de Laxe]()
O clube de pesca deportiva O Capote celebrou recentemente unha competición na praia de Laxe
As praias de Langosteira e Sardiñeiro, de Fisterra, acollen mañá sábado o escenario do
I Open Internacional de Surfcasting Captura e Solta "O Capote" "Golden League"; unha competición organizada polo
clube de pesca deportiva "O Capote".
Este campionato, que se disputará por parellas, está incluido no calendario da Federación Española de Pesca e Casting e rexirase polo reglamento de dita federación. Levarase a cabo baixo a modalidade de captura e solta e disputarase a dúas mangas. Como esceario alternativo, por se a organizacióno estimase oportuno, están as praias de Laxe e Soesto.
A concentracións dos participantes e acompañantes será no
hotel Ínsua de Cee. A organización permite un máximo de 140 participantes (70 parellas) polo que se espera unha afluencia de máis de 200 persoas na zona.
O evento terá cobertura pola prensa e televisión a nivel nacional e ten un bo número de seguidores a través das redes sociais.