mércores. 14.05.2025
El tiempo

Malpica recibe unha escultura da Virxe do Carme tallada polo artesán Roberto Figueira Martínez

Malpica recibe unha escultura da Virxe do Carme tallada polo artesán Roberto Figueira Martínez
malpica-talla-virxe-carme Roberto Figueira Martínez participou na Feira Medieval Mariñeira celebrada recentemente en Malpica Coas Festas do Mar ás portas, o concello de Malpica vén de recibir unha doación moi especial. Trátase dunha escultura da Virxe do Carme realizada en madeira polo artesán rianxeiro Roberto Figueira Martínez; un dos participantes na Feira Medieval Mariñeira de Malpica. Os seus traballos en madeira chamaron a atención dende o primeiro momento do alcalde, Eduardo Parga Veiga, que se interesou tanto pola técnica como polos materiais utilizados e o tipo de obras realizadas polo escultor. talla-virxe-carmen-malpica Virxe do Carme tallada en madeira Roberto Figueira talla con gubias case todo tipo de madeiras, aínda que ten preferencia polas autóctonas, e deseña e fabrica todo tipo de obxectos, tanto colgantes e complementos decorativos como mobles ou elementos estruturais. A escultura da Virxe do Carme, está realizada en piñeiro roxo. Relevos, esculturas de pequeno e mediano formato, carpintería e ebanistería son as especialidades deste rianxeiro, que ademais realiza demostracións en eventos como a Feira Medieval Mariñeira. Normalmente empeza unha peza en cada feira, e en Malpica puxo mans á obra xa dende o primeiro momento coa talla da Virxe. A súa idea era que o público puidese ver o proceso completo da creación, pero faltoulle un día de traballo para lixala e darlle o acabado final. Será o concello o que se encargue de completar a obra. “Normalmente cando me piden algo procuro facer unha peza acorde á duración da feira, pero neste caso non estaba previsto”, explicou o artesán, que se amosou agradecido pola boa acollida que tivo o seu labor. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica

Comentarios