Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal


Non só paisaxes e escenas de fotoxornalismo sabe capturar Marcos Rodríguez. Mentres espera pasar á gran final da Copa do Mundo de Fotografía (logo da fantástica medalla do ano pasado), acaba de coñecer que está nominado ao “Premio Nacional de Fotografía Quijotes 2015”, de Castilla la Mancha, na categoría de Retrato.
E faino con dúas obras auténticas da Costa da Morte. A primeira é unha fantástica instantánea da batalla do viño de San Fins do Castro. E a segunda é unha auténtica muller mariñeira da Costa da Morte, botada no porto de Caión.

Os galardón destes premios outorgados pola AFOPROCAM e os grandes referentes da fotografía a nivel nacional, serán entregados en Toledo o vindeiro sábado 16 de xaneiro.
Veremos se o noso MR se convirte no Quijote da fotografía estatal.
Novas relacionadas
- “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
- Marcos Rodríguez asegura podio na Copa do Mundo de Fotografía.
- Marcos Rodríguez, finalista da Copa do Mundo de Fotografía.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).