sábado. 03.05.2025
El tiempo

Marea de obradoiros para pequenos e maiores en Malpica

Marea de obradoiros para pequenos e maiores en Malpica
MANUALIDADES MAIORES BUNO Maiores de Buño que comezaron o curso de manualidades Xa están en marcha os cursos de manualidades para maiores e/ou persoas con diversidade funcional que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Malpica. O departamento que dirixe Marisol Blanco Gorín aposta un ano máis por este tipo de formación dada a boa acollida que ten entre os e as participantes, maioritariamente mulleres. Os cursos desenvólvense tanto en Malpica coma en Buño. No Centro Cívico asistirán a clases todos os luns e os venres pola mañá máis de vinte persoas. A súa monitora será Lucía Villanueva. Pola súa banda, Chelo García encargarase do grupo que se reunirá todos os martes e os venres na Casa do Oleiro, e que está formado por unha decena de mulleres. Maiores de Malpica no curso de manualidades Maiores de Malpica no curso de manualidades

Marea de cursos

Obradoiros en Malpica Tallere en Malpica

Empeza un novo curso con actividades para nen@s, moz@s e adult@s de Malpica. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo, que dirixe Noelia Freijeiro, abre o prazo de inscrición para os obradoiros e actividades municipais.

Os peques

Os máis pequenos e as máis pequenas da casa volverán a subir ao escenario da Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE) no obradoiro de teatro que se celebrará no auditorio do Centro Cívico de Malpica e no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño a partir de outubro.

En Malpica haberá catro grupos: • Grupo I (nenos/as de 4-5 anos): xoves de 16.00 a 17.00 horas • Grupo II (6-8 anos): xoves de 17.00 a 18.00 horas • Grupo III (9-12 anos): xoves de 18.00 a 19.00 horas • Grupo IV (de 13 anos en diante): xoves de 19.00 a 20.00 horas

En Buño haberá un único grupo para nenos/as de 6 a 12 anos, que se xuntarán todos os martes de 17.00 a 18.00 horas. A presentación da actividade será o 4 de outubro, ás 17.00 horas, en Buño, e o día 6 á mesma hora en Malpica.
O prazo de inscrición está aberto ata o 29 deste mes, e o prezo da actividade é de 16,29 € ao mes.

Ademais, en outubro arrancarán tamén os obradoiros infantís de manualidades, en concreto o día 3 ás 17.00 terá lugar a presentación en Buño e o día 5 ás 16.00 horas, en Malpica.

No Centro Cívico haberá catro grupos: • Grupo I (3-7 anos): mércores de 16.00 a 17.00 horas • Grupo II (3-7 anos): mércores de 17.00 a 18.00 horas • Grupo III (8-14 anos): xoves de 16.00 a 17.00 horas • Grupo IV (8-14 anos): xoves de 17.00 a 18.00 horas En Buño haberá un grupo para nenas/os de 3 a 12 anos os luns de 17.00 a 18.00 horas. O prazo de matrícula tamén está aberto ata o día 29, e o prezo da actividade é de 11 euros ao mes. Os nenos/as que se matriculen en teatro e manualidades pagarán 19,45 euros ao mes en total.

Os adultos

O 3 de outubro empezará tamén o curso de manualidades para adultos/as, dende os 15 ata os 55 anos. As clases serán os xoves de 18.30 a 19.30 horas no Centro Cívico, e a cota, de 11 euros ao mes.

Poden inscribirse no departamento de Educación e Cultura, 09.00 a 14.00 horas (luns a venres), ou no Tfno: 981 707 104.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios