Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala


Non se cumpren todos os anos 50 anos, nin todos os equipos poden celebrar xa o cincuentenario. Apenas unha ducia de equipos e tralas celebracións doutros clubs como o decano Baio> ou o Porteño, este pasado venres tocáballe ao Soneira.
O club vimiancés celebraba unha gran Gala na Casa da Cultura de Vimianzo, no mellor momento deportivo das últimas tempadas, e que serviu como apertura dos actos de conmemoración do medio século de vida do club.
Foi unha noite para o recordo, na que as distintas xeracións que formaron parte do Soneira SD, se reuniron en torno a un acto emotivo, dinámico e orixinal que seguindo a liña dun partido de fútbol xuntou a case 300 persoas.
Damián Espasandín, magnífico no seu papel de árbitro, axudóu a Xabi R. Blanco a conducir unha preciosa gala que paso a paso foi avanzando recorrendo a historia do Soneira, cun emotivo vídeo introdutorio, obra do realizador vigués, Luis Montenegro.

Un pouco de historia
Como é lóxico, 50 anos son moitos anos, polo que en 90 minutos non se pode resumir a historia dun club. Por este motivo, a organización intentou chegar aos 3 alicerces de todo equipo de fútbol que son: afección, directiva e plantilla, representándoas na figura do socio número 1 (afección), antigos presidentes (directiva) e os equipos que gañaron a 1ª Liga e a 1ª Copa da Costa (plantilla).
O tributo como socio máis antigo corresponde a Manuel Álvarez Pazos, máis coñecido como Vía Rápida, pai do que xa fora xogador do Soneira: Ricardo Álvarez e avó dos xogadores da actual plantilla: Alberto e Richi. Todo un luxo poder contar con unha persoa que representa a historia viva do club.
Como presidentes da entidade ao longo destes 50 anos, pasaron 16 nomes propios, sendo o fundador do club: Pose, continuando a súa labor Jesús, Pepe do Castillo, Villar, Lavandeira, Capitán, Toñito Cundíns, Emilio, Roget, Luciano, Pereira, Soto, Juan Luis, Juan, Logito e o presidente actual, Antonio Espasandín.
Á hora de escoller a representación da plantilla, os elexidos foron os equipos da tempada 66/67 e 08/09, que gañaron a 1ª Liga e 1ª Copa da Costa, respectivamente.
Naquel equipo da 66/67, destacaba a gran presenza de xogadores fisterráns que xunto ao combinado de futbolistas locais, acabaron gañando a 1º Liga para o Soneira. Formaban parte de aquel equipo: Ángel Luis, Gelucho, Negro I, Ricardo, Coné, Robusto, Vaquero, Gerpe, Italia, Fonseca, Marcote, Moncho, Negro II, Frutos, Pepiño Mouzo, Perucho e Cachán.
O equipo que gañara a 1ª Copa da Costa, estaba adestrado polo míster actual Manolito, e axudado no banco por Santi, que ao longo da competición copeira, dispuxeran de: Fran, Martín, Matías, Taibo, Alberto, Vecino, Víctor da Seat, Pablo Vigo, Chuchi, Quilmes, Ferreiro, Fran de Urroa, Jemisa, Míchel, Esteban, Darío, Pichi, Vituco, Javi, Dieguito, Víctor García, Jorgito, Kike Paluca e Pastoriza.

Boa organización

Destacar en todo momento a boa organización da gala, con asentos reservados para os convidados, photocall e todo o necesario para que a xornada transcurrira sen incidencias. O escenario decorouse a modo de vestiario con camisetas, pantalóns e balóns que axudaron a darlle un toque futboleiro e presidindo, as 5 copas (as 3 ligas e as 2 copas da costa).
Como todo bo partido, é necesario un descanso no que os asistentes puideron repoñer forzas cun aperitivo en forma de bocadillo e incluso colaborar coa organización comprando rifas para un lote de productos donados por Cerdeimar, no que se incluía unha bufanda do merchandising do Soneira (un éxito entre o público asistente).
Tamén no ecuador da gala, presentáronse os produtos oficiais do club, lanzados con motivo do 50 aniversario xunto co vídeo de captación de socios, protagonizado polo propio Damián xunto con varios membros da plantilla actual. Outro gran traballo do xa prolífero, Ghillermo.

Vindeiros actos
Xa na segunda parte, douse paso a presentación dos demais actos que se desenvolverán no marco do 50 aniversario:
O Soneira de hoxe a ritmo de rock
A continuación fíxose a presentación dos equipos actuais (cadetes e sénior) xunto coa directiva actual, que despois dunha improvisada foto xunto as demáis persoas que previamente subiran a tarima da Casa da Cultura, deron paso a presentación en directo da canción/himno que os Fugaos compuxeron para o Soneira. Un gran espectáculo o destes rapaces que con Matías na batería, Suso á guitarra e Pichi (un dos campis) co micro (non puido asistir o cuarto compoñente que é Julito por motivos laborais) fixeron poñerse en pé ao público e vibraron ao ritmo e coa enerxía que puxeron sobre o escenario.
Con este momento de éxtasis, despedíase a Gala para dar paso aos pinchos de despedida, que Xabi anuniciaba como os "pinchos da despedida", malia que Xabi anunciounos como os pinchos da directiva porque os do descanso foran máis escasos, que eran os dos xogadores…
Risas, bo humor, recordos e conversas de 50 anos de historia dun club, que desta forma quere recoñecer a todos os que coa súa coraxe, puxeron unha pedriña no castelo do Soneira.
Aquí vos deixamos cun dos vídeos presentados, feitos por Ghillermo e protagonizados polo míster Damián (este rapaz dalle a todo), que serve para a campaña de socios:
Novas relacionadas
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
Artigos futboleiros de Lema Suárez en QPC
- A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- A Costa da Morte, nai nutricia inesgotable de anécdotas.
- O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).