mércores. 30.04.2025
El tiempo

Mercado Medieval Costa da Morte á vista

Mercado Medieval Costa da Morte á vista
XVII Mercado Medieval Costa da Morte-Corcubion 2017

Foi presentada este venres 7 de xullo, a nova edición do XVII Mercado Medieval Costa da Morte. A Capela do Pilar corcubionesa acollía a posta en marcha desta festa xa convertida nun clásico do verán costeiro. Este ano cambia a empresa que xestiona a festa, pasando a mans de Fragua. Volverá haber moito teatro de rúa, o recuncho infantil, cetraría, concertos de música medieval en clave de pasarrúas, feira de artesanía e gastronomía…

A fin de semana escollida é a do venres 21, sábado 22 e domingo 23 de xullo. Se ben non haberá Desembarco (a representación histórica máis simbólica da festa), si que haberá un pasarrúas de gran formato, cunha marea de carrozas.

Os que queiran montar tasca aínda están a tempo e poden contactar con xente da organización.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios