![]()
Da presentación do
cartel do Asalto ao Castelo de Vimianzo saltamos ao
Castelo Rock de Muros que terá lugar os próximos 4 e 5 de agosto. Xa sabíamos que a XIV edición do festival muradán contará coa presenza de bandas como
Soziedad Alkoholika, Reincidentes, Nao, Def Con Dos e Kaotiko ás que se lle suman Monoulious DOP, Archivo Adxunto y Rebeliom do Inframundo.
"O cartel deste ano ten unha grande calidade musical, ademais os grupos elixidos teñen un gran poder de atracción de público o que ampliará a afluencia de visitantes. Do mesmo modo, a asociación ACRD Praia do Castelo - organizadora do evento - aboga pola participación maioritaria de bandas galegas como defensa da nosa cultura", así o indicaron membros da ACRD Praia do Castelo.
O #EscenarioEstrellaGalicia - escenario principal do festival - estará situado no
polígono industrial de Muros, o novo empramento do evento dende a pasada edición. Ao igual que en anteriores ocasións, a organización habilitará unha zona de acampada próxima ao recinto principal.
Actividades paralelas
Os días do festival rock levaranse a cabo actividades en diferentes emprazamentos do casco antigo da vila muradana. Mantendo sempre o seu espíritu, a organización aposta por un evento no que os visitantes teñan a oportunidade de coñecer a gastronomía, a cultura e as costumes da vila ambientado cunha oferta musical para todos. Precisamente, unha das novidades deste ano é a entrada gratuita ao recinto principal aos menores de 12 anos.
Entradas
Na web do evento,
www.castelorock.com, xa están á venda as entradas así como nos puntos de venda físicos habituais e nas oficinas de Correos de todo o estado. O custe do bono dos dous días é e 19,50€ mentras que a entrada dun só día é de 14,50€.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Castelo Rock