![Marta Rei e Manuel Antelo recibiron a presidenta do Terra de Soneira CD, Maria Esther Ameijeiras]()
Marta Rei e Manuel Antelo recibiron á presidenta do Terra de Soneira CD, María Esther Ameijeiras
Ten tan só uns días de vida e xa conta con máis dun cento de socias e socios. O
Terra de Soneira CD é unha organización nacida recentemente en Vimianzo que ten entre os seus obxectivos
promover o atletismo e
respaldar a todas as afeccionadas e afeccionados a este deporte da Terra de Soneira. Entre os seus socios conta con corredores e corredoras da talla de Pablo Mira, Michel Antelo, David Calzas, Cesar Vázquez, Martín Regueira, Fermín López, Paula Trillo, Vanesa Caamaño, Tamara Pose, Ana Antelo ou Fátima Gesto.
Precisamente esta semana o alcalde do concello de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, recibiron a
María Esther Ameijeiras Oreiro, presidenta do Terra de Soneira CD.
O concello de Vimianzo mostroulle o seu apoio á constitución deste clube xa que consideran que "ademais das vantaxes para os corredores e corredoras en activo pode facer un traballo de difusión de hábitos saudables e do deporte entre os cativos e os adolescentes".
I Gala do Deporte
Por outra bando o vindeiro día 1 de abril ás 21:00 horas terá lugar na Casa da Cultura a
I Gala do Deporte do concello de Vimianzo. Neste acto recoñecerase a traxectoria de distintos deportistas soneiráns que acadaron éxitos a nivel autonómico ou estatal co gallo de poñer en valor tanto as súas traxectorias coma os hábitos deportivos e fomentar que estes deportistas se convirtan en referentes dos máis pequenos.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo