venres. 02.05.2025
El tiempo

Novo comisos de peixe, marisco e artes ilegais en Camariñas e na ría de Muros

Novo comisos de peixe, marisco e artes ilegais en Camariñas e na ría de Muros

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, volveron facer unha serie de operativos nas rías galegas, que deu como resultado a requisición de máis de 720 quilos de peixe e marisco e 590 aparellos de pesca, ademais de 100 metros de artes de enmalle.

A ría de Muros e Noia tamén foi escenario de diversas actuacións contra o furtivismo nas que os axentes se fixeron con máis de 310 quilos de peixe e marisco e con 190 aparellos de pesca. Na actuación máis destacada os inspectores incautaron os 190 aparellos, a maioría cacharros, e comisaron máis de 37 quilos de especies, a maioría polbo.

Ademais, na Costa da Morte os axentes realizaron diversos operativos contra a pesca ilegal. Neles fixéronse con preto de 68 quilos de especies e 82 aparellos de pesca. A actuación máis relevante foi en Camariñas, onde se incautaron de 75 nasas de ferro.

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

  • Consellería do Mar.

Comentarios