Novo curso de formación para as ANPAs da Costa da Morte
07:05 27/01/16
A casa da Cultura de Vimianzo acollerá o vindeiro sábado, 30 de xaneiro, unha xornada de Formación de Anpas. A xornada, que será de 16:30 a 20 horas, está dividida en dúas partes. Na primeira parte abordaranse temas como a xestión dunha asociación de nais e pais de alumnos así como a lexislación que lle afecta. Na segunda parte da xornada tratarase a nova fiscalidade nas anpas, a noramativa de Facenda, a contabilidade e a lexislación actual.
Os interesados en participar deben incribirse en crucitatm@gmail.com ou no telefono 687 02 30 78.
Novas relacionadas
- A federación de Anpas Costa da Morte rexeita os orzamentos da consellería de Educación para o 2016
- As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos
- Hadrián, punta de lanza para unha campaña galega pola atención hospitalaria e domiciliaria
- A federación de Anpas da Costa da Morte reúnese coa nai de Hadrián
- Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Anpas Costa da Morte