![Magin Blanco ofrece hoxe un espectaculo de musica infantil na casa da Cultura de Vimianzo]()
Magin Blanco ofrece hoxe un espectaculo de musica infantil na casa da Cultura de Vimianzo
Pouco a pouco imos coñecendo a programación para o
Día do Libro que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de abril. Se a
biblioteca de Cee acolle unha mostra bibliográfica de obras de Cervantes e Shakespeare, o
concello de Vimianzo inicia unha semana cargada de actividades para os escolares do municipio.
Hoxe comezan os más pequenos que acudirán ás 11 horas á casa da Cultura de Vimianzo para gozar dun espectáculo de música e libros a cargo de
Magín Blanco, un dos principais referentes en música infantil do país. Magín encargarase de divertir e ensinar co espectáculo
"Libros en-cantados" aos nenos e nenas da escola infantil municipal Os Vimianziños, ao alumnado do ciclo de educación infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo e da escola infantil de Carnés. Unha vez rematado o espectáculo Os Vimianziños desenvolverán diferentes actividades na biblioteca municipal que rematarán coa entrega por parte do alcalde - Manuel Antelo - e da concelleira de Cultura - Marta Rey - de carnés de biblioteca para cada todos coa idea de que comecen desde pequenos a desfrutar da lectura e que sexan usuarios e usuarias da biblioteca municipal.
Mañá será a quenda do Ceip de Baíñas, do ciclo de educación primaria do Ceip San Vicenzo, do Ceip de Castromil e da E.I. de Carantoña, todos eles gozarán con
Paco Nogueiras do coñecido espectáculo
"Brinca Vai!De aquí a acolá".
Estes dous espectáculos están cofinanciados polo programa de dinamización da lectura "Ler conta moito", da secretaría xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
![obradoiro marcapaxinas vimianzo]()
E se aínda teñen ganas de máis actividade, aqueles nenos e nenas que o desexen poden participar o mércores pola tarde, de 17 a 19 horas, nun
obradoiro gratuíto de marcapáxinas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo