O BNG da Costa da Morte critica a falta de investimentos na comarca dentro dos orzamentos da Xunta para o 2016
08:27 22/10/15
A Xunta destina máis de nove millóns de euros ó primerio tramo da autovía Costa da Morte
O pasado luns, 19 de outubro, a Xunta aprobou os Orzamentos para o ano 2016 dos cales, segundo indican dende o BNG da Costa da Morte "non se coñece o investimento real que o goberno de Núñez Feijóo destina á Costa da Morte". Segundo indican os nacionalistas "só figura detallada con nomes e apelidos, a previsión de fondos para a autovía da Costa da Morte (con 9.158.993 euros), baixo a responsabilidade da “Axencia Galega de Infraestruturas”, e que son destinados ao canon a pagar a empresa en canto teña rematada a obra".
Os nacionalistas critican que na ampla documentación na que a Xunta expón os orzamentos para o vindeiro ano "as referencias de investimentos para concellos da Costa da Morte practicamente non existen; polo que o Partido Popular segue a esquecer unha vez mais a comarca". Das poucas referencias que se fan, só consta un investimento de 200.000 euros para a mellora do abrigo do porto de Fisterra, indican dende o BNG.
"O formato no que se presentan os orzamentos prescinde este ano de detallar a territorialización por concellos das diferentes partidas orzamentadas. Cando sempre se viña facendo con este nivel de detalle, agora a Xunta só proporciona o gasto a nivel de provincia, para a práctica totalidade dos programa e conceptos" sinalan os nacionalistas.
Novas relacionadas
- O BNG reclama ao Estado dez millóns de investimentos na Costa da Morte
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte
- Os 5 alcaldes costeiros do BNG comezan a rolda de xuntanzas períodicas
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión
- 24-11-14: O BNG presenta 20 enmendas aos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- BNG Costa da Morte