O camiño de Fisterra-Muxía xa ten credencial e mapa propios
08:13 20/10/16
A presentación tivo lugar onte na taberna O Ribeiro de Corcubión
A asociación de empresarios do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía Solpor presentou onte un dos seus proxectos estrela: a credencial que se lles dará a todos aqueles peregrinos que estando en Santiago se acheguen ata Fisterra. O documento foi deseñado polo historiador e presidente da entidade - Antón Pombo - e as acuarelas foron cedidas por José Manuel Yáñez Rodríguez.
Durante o acto, tamén se presentou un mapa propio da prolongación xacobea deseñado pola empresa Sixtema - liderada polo corcubionés Alejandro Lamas - en colaboración coa Boutique Creativa BC2. Esta primeira tirada é de 15.000 exemplares que se fixeron coa colaboración da Deputación da Coruña.
Tanto o mapa como as credenciais repartiranse en Santiago de Compostela e en Negreira así como entre os socios da entidade.
Novas relacionadas
- Solpor edita unha credencial e un mapa do camiño de Fisterra-Muxía
- Cee acolle un Foro para analizar o Camiño Fisterra-Muxía como motor dinamizador
- Un libro do CSIC analiza a patrimonialización do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Solpor