![Protesta no Gandara pola xornada continua. Foto de arquivo David Cancela]()
Protesta no Gandara pola xornada continua. Foto de arquivo David Cancela
A
Anpa Raiante, do CEIP Gándara de Sofán, en Carballo, vén de anunciar unha serie de medidas a través das cales reclaman o dereito a votar por unha xornada única que lles permita conciliar a vida laboral e familiar, que favoreza aos alumnos e que poida facilitar a creación dun proxecto lectivo común de calidade.
A primeira medida que levarán a cabo é unha
folga do alumnado que terá lugar hoxe, xoves, en horario de tarde. Segundo indican dende a Anpa, con esta medida trátase de que aquelas familias que poidan non envíen aos seus fillos ao centro pola tarde, poden recollelos no horario de saída ás 13:30 horas ou ben recollelos logo de facer uso do servizo de comedor ás 15:30 horas.
A segunda medida promovida pola Anpa Raiante será a
recollida de sinaturas que se iniciará mañá, venres 15 de xaneiro.
Segundo indican dende a entidade, ao longo de todo o curso académico continuarán con diversas mobilizacións dean
visibilidade á súa demanda.
Ademais destas accións, hoxe está previsto unha
entrevista co xefe territorial de A Coruña, Indalecio Cabana, á que acudirán membros da Anpa Raiante, acompañados do alcalde e outros membros do goberno local, o representante de CIG Ensino, o director do centro e unha mestra do claustro.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- ANPA Raiante