O concello de Vimianzo destina 22.000€ a axudas económicas para familias con fillos
08:07 27/09/16
O concello de Vimianzo vén de facer público o paquete de axudas económicas que destinará ás familias con fillos. Por unha parte, o BOP - Boletín Oficial da Provincia - publicou onte a convocatoria de axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos coas que o goberno vimiancés pretende que sexan un paliativo nestes momentos de crise contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan as familias.
E por outra parte, tamén publica a convocatoria de axudas para o inicio do curso escolar. O obxectivo destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. Pódense solicitar para gastos como libros de texto, material escolar, roupa e zapatos e son compatibles coas axudas doutras administracións.
En total, o concello de Vimianzo destina un orzamento de 22.000€ para estes conceptos.
Solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto até o día 16 de outubro. A información acerca da documentación que hai que presentar e os impresos que hai que cubrir pódense descargar dende a páxina web municipal de Vimianzo. As persoas que desexen información presencial poden achegarse ao departamento de Servizos Sociais do concello.
Novas relacionadas
- 21-10-15: Continúa aberto o prazo para solicitar as axudas do concello de Vimianzo
- 15-10-15: O concello de Vimianzo destina 20.000€ a axudas para as familias con fillos
- Redacción (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo