domingo. 18.05.2025
El tiempo

O concello de Vimianzo xustifica os gastos do servizo de axuda no fogar

O concello de Vimianzo xustifica os gastos do servizo de axuda no fogar
Despois de que o Tribunal Central de Contratación lle dera a razón ao concello de Vimianzo polo procesos de licitación do servizo de axuda no fogar, o goberno municipal quere facer públicos os principais datos da xestión municipal deste servizo durante o 2015. Segundo indican dende o concello de Vimianzo, durante o 2015 o Servizo de Axuda no Fogar - SAF - de Vimianzo prestou un total de 6.753 horas ao ano, cun promedio de 562,65 horas ao mes. A xornada laboral das 7 traballadoras é de 1.120 horas. "Atendendo a estes datos, con só 4 auxiliares, cunha xornada mensual total de 640 horas, abondaría para atender o servizo do SAF durante o ano 2015", sinalan dende o goberno vimiancés. Esa cifra contrasta coas máis de 976 horas - case o dobre - que se presentaron no pasado mes de agosto momento no que o goberno vimiancés comezou a tomar medidas. O custe das sete auxiliares durante o ano 2015 foi de 118.588,21€ máis gastos de material diverso, necesario para desenvolver o seu traballo, o custe do auxiliar administrativo (23.512,08€), da educadora familiar (32.686,78€) e da traballadora social  (50.132,90€). Polo que o prezo por hora do SAF durante o ano 2015 foi de 17,56€. Mentras que segundo indican dende o goberno de Antelo, a empresa vaille cobrar ao concello de Vimianzo 12,75€. Condicións do contrato Dende o goberno local indican que o contrato asinado coa empresa contempla o pago ás auxiliares, o material funxible, a rotulación dos uniformes, o traballo administrativo, o traballo da traballadora social da empresa, o alugueiro do local e as melloras ofertadas - guindastre móbil, camas articuladas, cadeiras de baño, cadeiras de rodas e 100 horas de atención gratuítas -. O prezo de adxudicación é de 145.032€. "A todas luces o concello de Vimianzo mellora a prestación do servizo, aumentando as horas de atención nun 100% (de 500 pásase a 1000 horas), redúcese o custe por hora nun 27%, auméntanse os servizos complementarios e redúcese sensiblemente o custe total do servizo" indican dende o goberno municipal liderado por Manuel Antelo. Así que ao seu parecer, as auxiliares tamén resultan beneficiadas nestes proceso xa que deixan de ser persoal temporal a ser traballadoras fixas dunha empresa ademais de incrementar as súas retribucións económicas segundo o convenio laboral. Neste sentido, dende o goberno de Vimianzo critican que a oposición empregue este asunto para "facer desgaste do goberno" e asimismo o alcalde pídelle á Mónica Rodríguez - de IxV - que "se é tan solidaria coas auxiliares do SAF, que faga unha doazón dos pagos do alugueiro da oficina que contratou á empresa que xestiona o SAF". Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción Que Pasa na Costa (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios